Andador

     
     
    Inicio
     
    Obxectivos
     
    Proxectos
     
    Documentos que asumimos Manifestos
     
    Documentos da     Asociación
        
    Manifesto      Agabel
        
    Diagnóstico
        
    Plano de B.E.
      Asociate
     
    Noticias
     
    Recursos
      Enlaces

     

AGABEL

ASOCIACIÓN GALEGA POLAS BIBLIOTECAS ESCOLARES E A LECTURA

Indice

    PLANO DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

      Concepto de biblioteca escolar
      Plano de mellora
      Secuenciación
      Avaliación

    PLANO DE MELLORA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES EN GALICIA: CONCEPTO DE BIBLIOTECA ESCOLAR

    Lexislación Concepto e funcións da biblioteca escolar
    Instalacións e equipamento
    Persoal
    Horario
    Recursos documentais
    Orzamento
    Organización en redes

    CONCEPTO E FUNCIÓNS DA BIBLIOTECA ESCOLAR

    1. La biblioteca escolar é un espacio educativo, un centro de recursos multimedia al servicio de la comunidad educativa.

    2. La biblioteca escolar está integrada no proxecto educativo e curricular do centro e fomenta métodos activos de ensinanza e aprendizaxe.

    3. A biblioteca escolar favorecerá o cumprimento de tódolos obxectivos xerais da educación e non só os académicos, en especial os relativos á transversalidade, a corrección das desigualdades de orixe do alumnado, o acceso á cultura e o fomento da lectura.

    4. A biblioteca escolar forma parte do organigrama dos centros e en consecuencia será contemplada e regulada nas súas funcións e coordinación co resto de órganos no Regulamento Orgánico de Centros.

    5. A biblioteca escolar non traballará de forma aillada senón formando partes de redes.

    6. A biblioteca escolar teñen unha serie de funcións educativas que afectan en xeral á formación integral da persoa e en concreto ó deseño, desenvolvemento e innovación curricular, entre outras:

    -fomento da lectura, análise e tratamento da información e da documentación

    -fomento da expresión e da creatividade

    -educación para o ocio e o tempo de lecer

    -información e orientación

    7. A biblioteca escolar ten tamén funcións de tipo cultural, especialmente:

    - organizar actividades culturais, na súa condición de espacio interdisciplinar

    - proporcionar información sobre todo tipo de actividades, recursos e servicios culturais externos.

    8. A biblioteca escolar ten que xestionar tecnicamente os seus recursos para cumprir a súas funcións de tipo educativo, cultural e social.

    9. Así mesmo cómpre ter unha normativa que axuste as instalacións e equipamento, o persoal, o seu horario, os recursos documentais, o orzamento e a coordinación ás necesidades reais da posta en práctica deste modelo de Biblioteca Escolar.

    INSTALACIÓNS E EQUIPAMENTO

    10. O espacio da biblioteca escolar debe axustarse ás recomendacións internacionais, que se incrementará de acordo cuns módulos proporcionais ó número de prazas escolares do centro

    11. A biblioteca escolar debe contar co equipamento necesario para o acceso e a consulta de tódolos soportes documentais.

    PERSOAL

    12. O bibliotecario escolar é un elemento imprescindible neste modelo de biblioteca. Contará cunha dedicación plena a tempo completo. Será un docente con formación en biblioteconomía e nos casos en que a dimensión do centro o requira poderá contarse con bibliotecarios titulados con formación pedagóxica.

    13. A biblioteca escolar contará ademais cun equipo multidisciplinar de profesores con dedicación parcial.

    14. O bibliotecario escolar dependerá directamente da dirección do centro e formará parte do claustro e da comisión de coordinación pedagóxica.

    15 A formación do bibliotecario escolar incluirá formación específica en xestión bibliotecaria, recursos bibliográficos, formación de usuarios e animación á lectura.

    HORARIO

    16. A biblioteca escolar deberá permanecer aberta durante un amplo horario, que será superior en todo caso á xornada lectiva do alumnado.

    RECURSOS DOCUMENTAIS

    17. A constitución do fondo inicial e o seu crecemento, a presencia de tódolos soportes documentais e o equilibrio entre obras de coñecemento e de ficción axustaranse ás recomendacións internacionais.

 voltar o inicio

    ORZAMENTO

    18. A biblioteca escolar contará cun orzamento de seu e suficiente para o cumprimento das súas funcións.

    ORGANIZACIÓN EN REDES

    19. A estructuración da rede documental educativa debe contemplar a incorporación das bibliotecas escolares no Sistema Español de Bibliotecas, así como nos distintos sistemas bibliotecarios autonómicos.

    20. A rede ten como obxectivo principal facilitar a cooperación e a colaboración entre os elementos que a compoñen: servicios centrais, Centros de Profesores e Recursos, bibliotecas públicas e bibliotecas escolares.

    21. A configuración tecnolóxica da rede requerirá a selección dun modelo informático que contemple a automatización das bibliotecas e a súa conexión.

    22.Tódolos puntos da rede contarán cos medios humanos e materiais necesarios para cumprir as súas funcións. A rede, nos seus distintos ámbitos territoriais, contará ademais cun grupo de traballo composto polos responsables técnicos dos seus distintos elementos.

    23. O obxectivo principal dos servicios centrais é o deseño, desenvolvemento e avaliación do plano de implantación da rede, que debe incluir os recursos organizativos, humanos, formativos e tecnolóxicos necesarios.

    24. Os Centros de Profesores e Recursos teñen como funcións básicas na rede documental educativa a formación permanente do profesorado e a xestión e difusión dos recursos documentais e informativos. Para cumprir estas funcións contarán ó menos cun bibliotecario. Deberá ser o centro de documentación pedagóxica por excelencia e coordenarse coas bibliotecas públicas

    25. As bibliotecas públicas son, conxuntamente cos Centros de Profesores e Recursos, os núcleos documentais máis próximos ás bibliotecas escolares. Estas necesitan, para cumprir as súas funcións, do apoio das bibliotecas públicas en canto a: asesoramento técnico, préstamo interbibliotecario, información bibliográfica, formación de usuarios (dando prioridade en este primeiro momento ós docentes), actividades culturais, etc.

    26.Nas poboación en que non sexa preceptiva legalmente a creación dunha biblioteca pública municipal e exista un centro escolar, poderanse establecer convenios de colaboración entre o Concello, os órgaos competentes da administración educativa e os sistemas provinciais ou autonómicos de bibliotecas, par ao doble uso da biblioteca como pública e escolar, sempre que se garantan os requisitos mínimos imprescindibles.

    concepto de biblioteca escolar | plano de mellora | secuenciación | avaliación

  voltar o inicio     

Asociación Galega polas Bibliotecas Escolares e a Lectura
Durán Loriga, 10-1º
15003 A Coruña
Tel.: 981 18 43 84
Fax: 981 18 43 85
Correo Electrónico:
agabel2000@hotmail.com y agabel@agabel.net