|
|
||
| |
||
|
OBXECTIVOS DA ASOCIACIÓN GALEGA POLAS BIBLIOTECAS ESCOLARES E A LECTURA a) Difundir entre os responsables políticos o papel que lle corresponde á biblioteca nos centros escolares co fin de que a biblioteca escolar teña cabida nas disposicións lexislativas e se lle recoñeza o necesario marco legal, imprescindible para o seu fomento e desenvolvemento, así como para que sexa asumida e demandada por todos os sectores implicados no seu bo funcionamento. b) Promover o coñecemento das bibliotecas escolares en todos os ámbitos educativos non universitarios e entre todos os sectores profesionais implicados no seu funcionamento: estudiantes, profesorado, inspección educativa, bibliotecarios/as de bibliotecas públicas, consellos escolares e asociacións de pais de alumnos. Os membros da Asociación cremos que un bo coñecemento das posibilidades da biblioteca escolar aumentará a demanda da súa existencia, apoio e desenvolvemento, contribuíndo así á mellora da calidade do ensino nos centros. c) Fomentar a colaboración entre todos os sectores sinalados no apartado anterior, así como con outros especialistas e institucións interesados nos mesmos fins defendidos pola Asociación, mediante o intercambio de coñecementos e experiencias co fin de lograr o máximo aproveitamento dos materiais e recursos existentes. d) Favorecer a formación dos seus asociados e da comunidade educativa en xeral nos asuntos relacionados coas bibliotecas escolares. e) Promover a implantación e o recoñecemento da figura do bibliotecario en cada centro escolar coa suficiente liberación horaria como para atender todos os aspectos técnicos relacionados coa biblioteca, a información ó profesorado, e a promoción da lectura, a educación documental e o desenvolvemento cultural do alumnado. f) Propiciar foros de discusión e debate sobre ás bibliotecas escolares, a lectura e o acceso á información. g) Impulsar propostas e negocialas. h) Calquera
outro, non especificamente reseñado nos Estatutos, pero
que poida contribuír ó coñecemento, fomento,
desenvolvemento, aplicación ou difusión da biblioteca
escolar.
Asociación Galega polas
Bibliotecas Escolares e a Lectura
|
Enlaces con algúns
programas de xestión de bibliotecas escolares
gratuitos: |
|
|
Coñece os nosos
recursos: |
||
|
|
||