Andador

     

    Inicio
     
    Obxectivos
     
    Proxectos
     
    Documentos que asumimos Manifestos
     
    Documentos da     Asociación
        
    Manifesto      Agabel
        
    Diagnóstico
        
    Plano de B.E.
      Asociate
     
    Noticias
     
    Recursos
      Enlaces

     

AGABEL

ASOCIACIÓN GALEGA POLAS BIBLIOTECAS ESCOLARES E A LECTURA

Indice

    Lexislación As Bibliotecas Escolares na normativa educativa de Galicia
    Instalacións Instalacións
    Equipamento Equipamento
    O persoal e os centros de formación e recursos O persoal e os centros de formación e recursos
    Análise comparativa Análise comparativa con outras administracións educativas
    Conclusións Conclusión
     

    O PERSOAL E OS CENTROS DE FORMACIÓN E RECURSOS

    Xa quedou dito que para a Consellería de Educación o responsable das súas bibliotecas escolares debe ser un docente con horas libres nos centros de Infantil e Primaria e con interese nos de Secundaria. ¿U-la formación necesaria? Analicemos esta cuestión.

    As asociacións profesionais docentes cualificables de "Movementos de renovación pedagóxica" foron os primeiros en Galicia en terse preocupado algo pola animación lectora e as bibliotecas de aula. O seu labor, non obstante, pola escasa incidencia desta entidades no tecido docente, non foi quen de modifica-la realidade neste eido.

    Os antigos Centros de Formación Continuada dos Profesorado (CEFOCOP) teñen organizado, con bastante demanda polos docentes, cursos de formación no eido da lectura así como algúns no eido das bibliotecas escolares. Tiveron que ser outras administracións as que facilitaron, de forma puntual, a posibilidade de realizar cursos de formación que responden as necesidades demandadas expresamente polos docentes implicados nas bibliotecas escolares.

    Estes cursos, en moitas ocasións, teñen por destino a docentes de tódolos niveis educativos, é dicir, docentes de escolas unitarias, de infantil, primaria e de secundaria. Tódalas persoas que coñecemos algo dos obxectivos, funcións, necesidades organizativas das bibliotecas escolares sabemos que non se pode meter no mesmo saco a bibliotecas tan distintas. É ben certo que hai moitos aspectos comúns a estas bibliotecas, pero son tantas as características propias que fan incomprensible este criterio que os responsables da formación continuada docente espallaron por Galicia.

    As persoas con responsabilidades nas Bibliotecas escolares galegas e aquelas outras conscientes da súa importancia no labor docente demandamos da Consellería que os actuais Centro de Formación e Recursos se convertan en auténticos centros documentais para os docentes, cabeceiras dunha rede documental, con criterios/información sobre os novos documentos que ofrece o mercado, encargados do proceso técnico dos nosos documentos. ¿Hai algo desto no "Decreto 245/1999, do 29 de xullo, polo que se regula a formación permanente do profesorado que imparte ensinanzas de niveis universitarios"? A resposta, pola práctica desenvolvida ata hoxe, é obviamente negativa.

    Non obstante no apartado d) do Artigo 8ª pódese ler entre as funcións dos Centros de Formación e Recursos:

    "Facilitarlles un servicio de documentación, elaboración e difusión de material didáctico e pedagóxico ós profesores e ós centros de ensino do seu ámbito territorial".

    Igualmente no punto 2, apartado f) do Artigo 15º sinálase, entre as funcións do equipo de asesores de formación,:

    "Ofrecer ós centros educativos un servicio de información, documentación, recursos pedagóxicos e materiais didácticos."

    ¿Que podemos comentar? Que o lexislado non abonda. ¿U-lo asesor/a documentalista? Fronte a nosa demanda de novos asesores e asesoras no curso 1999/2000 as plantillas de varios CEFOCOPs-CPRs víronse reducidas ¿U-la formación necesaria en biblioteconomía? Nada. Aconsellamos ós redactores deste decreto que visiten ou tan só que lle boten unha ollada ós almacéns, denominados metaforicamente "bibliotecas" dos mentados C.P.R.s. Debemos reclamar un equipo de asesores/as para o labor do centro de documentación tan necesario.

    lexislación | instalacións | equipamento | formación e recursos | comparándonos | conclusión|

    voltar o inicio     

Asociación Galega polas Bibliotecas Escolares e a Lectura
Durán Loriga, 10-1º
15003 A Coruña
Tel.: 981 18 43 84
Fax: 981 18 43 85
Correo Electrónico:
agabel2000@hotmail.com y agabel@agabel.net